Thursday 02 de May de 2024

Interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas da zona urbana por melloras na rede


A empresa Grupo Naturgy comunicou ao Concello interrupcións no subministro eléctrico de varias rúas da zona urbana para o vindeiro xoves, día 28. Dende a compañía explicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.

Os cortes están programados de 8.30 a 9.00 e dende as 14.00 ata as 14.30 horas, tal e como indicaron, e afectarán á estrada de Castela (números 868, 872, 874, 876, 878, 880, 882, 884, 888, 890, 900, 902 e 906), ao número 1 da rúa do Foro; á rúa Irmandade (números 1, 2, 4, 8, 12, 14, 21, 22, 24, 26, 30, 32 e 35); a Marcial Calvo (números 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 19, 20, 22 e 26) e á Praza do Concello (números 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9 e 10).

Dende a empresa subministradora solicitan desculpas polas posibles molestias ocasionadas.